Elixio R. Montero: "Fixemos a mesma viaxe que Buñuel, buscar a nosa voz como narradores nesta película"
Publicado o 05/02/2020 17:55
Elixio R. Montero foi finalista nos Goya na categoría de Mellor guión adaptado polo filme 'Buñuel en el laberinto de las tortugas'. Resultou a mellor película do cine europeo de animación e tamén acadou a medalla ao mellor guión adaptado do Círculo de Escritores Cinematográficos.
Elixio asina tamén os guións de 'O sabor das margaridas', unha coprodución da TVG que se sitúa como a sétima serie de fala non inglesa máis vista en Netflix.