CRTVG

Buscar

Elixen unha galega como a mellor médica residente de España

Publicado o 03/12/2020 14:51

Entre 2016 e maio de 2020, Antía Fernández Pombo foi residente no Hospital Universitario de Santiago. Foi o traballo realizado nese período o que a fixo merecedora co Premio á Excelencia en formación MIR en Endocrinoloxía e Nutrición. Para Antía, o premio reflicte todo o esforzo e traballo dos últimos anos.

Cando rematou o MIR a xa especialista quedou traballando no CHUS, onde está centrada na diabetes mellitus e as novas tecnoloxías aplicadas a esta doenza e a outras enfermidades metabólicas.

Noticias web

03/12/2020