CRTVG

Buscar

Eliminan eucaliptos en Couso

Publicado o 17/10/2020 14:41

Nos montes de Couso en Gondomar os piñeiros afóganse neste mar de eucaliptos. Por iso os comuneiros desta parroquia organizaron esta xornada de eliminación de eucaliptos, están convencidos de que é unha especie nefasta para o medio natural.
Non é a primeira vez que quitan eucalipto, é un traballo inxente que semella non rematar nunca.Ademais tamén fan plantacións de especies máis rendibles desde shitakes, ata castiñeiros ou piñeiros e unha gran variedade de froitos vermellos cos que tamén producen e venden marmeladas
Tamén loitan por converter o monte nun lugar de lecer e recreo e coidan moito del, mesmo crearon unha brigada de voluntarios ambientais para disuadir aos desaprensivos que queiman o monte.


 

Noticias web

17/10/2020