CRTVG

Buscar

Eliminan a mancha de combustible por unha vertedura na ría de Arousa

Publicado o 15/10/2020 18:32
Eliminan a mancha de combustible por unha vertedura na ría de Arousa

A mancha de fuel atopada hai dous días na ría de Arousa, nas inmediacións de Ribeira, desapareceu, segundo acreditan as autoridades que fixeron seguimento a esta agresión ambiental.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, confirmou que "xa non hai manchas contaminantes" en augas da ría e explicou que as que se atoparon nos últimos días "foron eliminadas".

Para realizar este traballo, as embarcacións de Salvamento Marítimo e da Xunta de Galicia estiveron aspirando o combustible en superficie e despregaron barreiras para evitar que a mancha se estendese ou puidese chegar á costa.

A pesar de que a vertedura foi controlada e a mancha foi eliminada, a Xunta de Galicia mantén activo o plan territorial de contaminación ambiental, aínda que reduciu ao mínimo -ata situación 1- o nivel de emerxencia.

Ademais, se maneira preventiva manterase o peche cautelar do único polígono de bateas que estaba aberto na zona, o de Ribeira B.