Elías Knörr: "Escribín un manifesto violento e case terrorístico para cultivar o corpo, a rareza e o antifascismo"
Publicado o 15/01/2020 17:58
Tulipa Editora publica 'O prezo do inverno', de E. Knörr, na colección bilingüe 10X15. Elías Portela traduce ao galego poemas en islandés de Elias Knörr. É unha escrita ambigüa e moi fónica, que xoga co islandés medieval e busca voces novas.