CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Elexías de luz' publicouse despois da morte de María Victoria Moreno

Publicado o 16/05/2018 17:04

Un ano despois da súa morte, no ano 2005, publica 'Elexías de Luz'. O seu traductor, Xavier Senín, editou cinco cadernos de poesía que puxeran nas súas mans o seu segundo home, o cubano Pedro Ferriol, e a súa filla Begoña Llácer. Componse de tres partes. A primeira, 'Elexías da Luz', xa fora presentada a un premio e pasáralla a varios amigos. No momento da súa desaparición, estaba a traballar na segunda, 'Dous folios que foron brancos', unha despedida literaria. O libro complétase cun soneto en que se unía á protesta pola catástrofe do Prestige, un pregón da Peregrina en verso e un canto de berce en castelán co que Maria Victoria Moreno arrolaba a súa filla para durmila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

16/05/2018