CRTVG

Buscar

Elévase a seis o número de investigados polo boleto da Primitiva sen dono da Coruña

Publicado o 27/11/2019 19:54
Elévase a seis o número de investigados polo boleto da Primitiva sen dono da Coruña

O número de investigados polo caso do boleto da primitiva sen dono da Coruña -por importe de 4,7 millóns- elévase xa a seis, ao figurar tamén catro cargos de Loterías e Apostas do Estado, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais.

Entre eles están, ademais do loteiro que dixo que atopara o boleto premiado, no que recaería o premio se non se localizase o verdadeiro dono, e o seu irmán, o delegado de Loterías e Apostas do Estado da Coruña, e catro persoas máis, con cargos neste organismo, "polo menos no momento dos feitos", segundo precisaron as mesmas fontes.

A maxistrada que instrúe o caso citaría para esta mesma semana para declarar como investigados por estafa cualificada o loteiro e o seu irmán por uns feitos que se remontan ao ano 2012. Tamén citaría os representantes de Loterías do Estado, en condición, como os anteriores, de investigados. Por este caso, ao ano seguinte de selarse o boleto, o Concello da Coruña puxo en marcha un "expediente de achado" para buscar o gañador do billete premiado, que o loteiro dixo que atopara na súa administración da praza de San Agustín.

Con posterioridade, os feitos deron orixe a unha investigación policial. Nela, cuestionouse a versión facilitada polo loteiro sobre o achado casual do boleto premiado, sen descartar posibles responsabilidades por parte do seu irmán e de representantes de Loterías do Estado.

 

 

Noticias web

27/11/2019