CRTVG

Buscar

Elévanse a 337 os usuarios contaxiados na residencia, tras detectar 10 positivos nun centro de Vilaboa

Publicado o 18/11/2020 19:23
Elévanse a 337 os usuarios contaxiados na residencia, tras detectar 10 positivos nun centro de Vilaboa

O número de usuarios de residencias de Galicia diagnosticados con covid-19 ascendeu lixeiramente ata o 337 (tres máis que na xornada do martes) despois de que se notificara o contaxio de 10 persoas no centro Pontevedra de Vilaboa nunha xornada en que tamén se comunicaron varias altas. Ademais desta decena de novos casos, o último parte da Consellería de Política Social informa de que se rexistrou un positivo na residencia N. S. da Saúde da Peroxa, en Ourense.

Aos 334 casos rexistrados na pasada xornada habería que restarlles sete altas e un falecido, pero tamén sumar 11 novos casos, o que sitúa o total de usuarios de residencias contaxiados en 337. As instalacións de DoralResidencias de Mos mantense como principal foco, cun total de 96 anciáns, seguidas dos 45 de DomusVi Ribadumia e dos 41 de Ballesol de Vigo. Tamén contan con grandes grupos de internos infectados a residencia San Cibrao de Cervo (23), de Salvaterra de Miño (19), así como a Nosa Señora dps Anxos de Ribadavia (15), a DomusVI Coruña de Oleiros (13), así como as de Santa Olalla de Boqueixón e a Pontevedra de Vilaboa, con 10 contaxios cada unha.