CRTVG

Buscar

Elévanse a 2.379 os falecidos pola covid−19 en Galicia tras notificarse un deceso

Publicado o 22/04/2021 20:26
Elévanse a 2.379 os falecidos pola covid−19 en Galicia tras notificarse un deceso

O Servizo Galego de Saúde notificou o falecemento dunha persoa diagnosticada de coronavirus. Con ela, asceden a 2.379 as vítimas mortais que deixa a pandemia en Galicia.

O deceso produciuse nas últimas 24 horas, e é o dunha muller de 83 anos que perdía a vida no Hospital da Mariña en Burela.

Segundo informa Saúde Pública, padecía patoloxías previas.