CRTVG

Buscar

Eleccións en Bolivia, con Morales aspirando a un cuarto mandato na presidencia

Publicado o 20/10/2019 19:58

Bolivia vota ata as dez da noite de hoxe, hora galega, nunha macroxornada que inclúe eleccións lexislativas e mais presidenciais.

Os dous grandes favoritos para ocupar a presidencia son Evo Morales, que á fronte do Movimiento al Socialismo aspira a un cuarto mandato, e Carlos Mesa, pola coalición opositora Comunidad Cristiana.

Se ningún candidato supera hoxe o 50 por cento dos votos, os dous máis votados irán a unha segunda volta dentro de dous meses. Están chamados ás urnas case sete millóns e medio de electores, nun país onde o voto é obrigatorio para os residentes e onde rexe a prohibición de consumo de alcohol desde corenta e oito horas antes dos comicios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019