CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'El palacio de las tres historias': unha reflexión sobre a cidade e a utopía, no CGAC

Publicado o 11/04/2018 17:16

A cidade, as utopías e as realidades, a través dunha reinterpretacion da arquitectura da cidade de Turín.

Carlos Garaicoa utiliza sete edificios da arquitectura fascista da vangarda italiana.

A cidade dos automóbiles Fiat reducida a pequena escala e envolta nunha lectura surrealista.

Pódense escoitar ademais testemuñas do futurista Marinetti, de Pier Paolo Pasolini e dun grupo de intelectuais que ocupan o Palazzo della Cavallerizza para loitar por un edificio non sometido ás leis do mercado.

O interese do artista pola cidade naceu na Habana.

Carlos Garaicoa reflexiona sobre a publicidade en dous grandes paneis: "Limpio, brillante, inútil" e "Passato, presente, Futurismo". Xa nos anos 90 se interesaba pola propaganda política cubana.

Esta peza é un proxecto de biblioteca con aspecto de cárcere: o saber, un dos piares da revolución.

Na mostra hai vídeos coma este que combina os xestos de Hitler coa dirección dunha orquestra e obras como 'Sobre el bien y el mal se escribieron miles de páginas'. Entre o branco e o negro o artista elixe o gris.

Carlos Garaicoa trae os debates e a vida, os pensamentos e a memoria colectiva das cidades ao Centro galego de arte contemporánea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

11/04/2018