CRTVG

Buscar

'El País' comunica un caso de coronavirus na súa redacción de Madrid

Publicado o 03/03/2020 23:41
'El País' comunica un caso de coronavirus na súa redacción de Madrid

Durante a mañá do martes, a dirección de El País, comunicou un caso positivo de coronavirus na súa redacción de Madrid. Trátase dun xornalista que estivo recentemente en Milán e que traballa na área de revistas.

O xornal tomou as medidas que recomenda o protocolo de actuación e anuncia que a súa actividade segue con normalidade.