CRTVG

Buscar

'El mal querer', de Rosalía, o disco máis escoitado nun día en España

Publicado o 06/11/2018 18:45

A cantante Rosalía, con só 25 anos, e coa súa mestura entre flamenco e pop, é a artista do momento. Acaba de presentar o seu segundo álbum, El mal querer e, con el, parece que está disposta a bater todos os récords.

Só catro días despois de que saíse o seu novo disco, bateu o récord de máis reproducións nun día na plataforma Spotify e El mal querer converteuse no álbum máis escoitado nun día en España.

Un récord que tiñan antes, respectivamente, Ozuna e o disco 'OT Gala Eurovisión 2017'. Segundo informa hoxe nunha nota o servizo de subscrición de música por streaming, as escoitas de Rosalía aumentaron nun 655% desde o lanzamento do seu novo álbum.

Con só 25 anos, pasou de cantar en salas pequenas a ser candidata a cinco Grammy Latinos. E ata Pedro Almodóvar lle propuxo participar nunha das súas películas! Aquí en Galicia, estivo en Santiago de Compostela pechando cun concerto as Festas do Apóstolo deste ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2018