CRTVG

Buscar

Bos días

El Imparcial, fundado e xestionado por galegos, é considerada a primeira casa de comidas da Arxentina

Publicado o 15/03/2016 09:50

El Imparcial é considerada a primeira casa de comidas da Arxentina.
Un establecemento histórico do centro de Bos Aires que foi fundado por un pontevedrés, e que agora, máis de 150 anos despois, segue a rexentar unha familia de galegos: os Barreiro.

O pontevedrés Manuel García inauguraba en 1860 e a poucos metros da Casa Rosada a considerada como primeira casa de comidas de Bos Aires, que incorporaba ademais baños.

Todo un luxo para a época deste establecemento que se fixo famoso pola imparcialidade política que lle dá nome e pola súa comida tradicional galega.

Armando Ramón Amoedo, xerente de El Imparcial
"Como eramos un referente en todo tipo de pescados e mariscos quedamos coma unha icono nese sentido".

Hoxe, con 156 anos de historia e baixo a xerencia da familia Barreiro, deixa patente que por El Imparcial foron pasando as xeneracións pero non as tradicións.

O seu reto, combater as dificultades á importación con inxenio e produtos nacionais e chegar ás novas xeneracións de porteños.

A pesar do paso do tempo, El Imparcial segue a ser un referente para os españois residentes en Bos Aires que, de cando en cando, queren iniciar unha viaxe de retorno ós sabores da terra. Pero non é o único xa que a Arxentina conta con numerosos restaurantes galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

15/03/2016