CRTVG

Buscar

El Corte Inglés presenta un ERTE para case 26.000 traballadores

Publicado o 25/03/2020 21:28

Todo un clásico do comercio presentou hoxe un ERTE ante o Ministerio de Traballo. O grupo El Corte Inglés enviará á casa 25.900 traballadores mentres dure o estado de alarma. Non obstante, a empresa asegura que todos eles retomarán os seus postos cando se recupere a normalidade. Ademais, anuncian que os empregados recibirán o 100% do salario ao complementar o grupo as achegas do estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020