CRTVG

Buscar

El Corte Inglés ampliará o seu ERTE a 4.000 traballadores máis

Publicado o 06/04/2020 08:46

En clave laboral e económica, contámoslles que El Corte Inglés ampliará o seu ERTE en 4.000 persoas máis. Isto supón que están afectados 26.000 traballadores dos grandes almacéns.

Son o 40 % do cadro de persoal. Segundo acordaron cos sindicatos, será nas mesmas condicións que os anteriores, cobrando o 100 % da nómina.

Estes traballadores súmanse aos máis de 2.600.000 afectados polos ERTE en toda España.
A gran maioría, segundo o Ministerio de Traballo, cobrarán antes do 10 de abril a prestación, pero haberá unha parte que terá que agardar debido aos problemas derivados do volume de tramitación de expedientes.

Noticias web

06/04/2020