CRTVG

Buscar

El Corte Inglés abre un outlet en Marineda con descontos de ata o 80%

Publicado o 11/06/2021 20:03

El Corte Inglés reordena a súa oferta comercial na Coruña. Faino transformando o seu centro de Marieda City no primeiro outlet urbano. Son 1.200 metros cadrados de superficie con máis de 150 marcas de téxtel, calzado, deportes, fogar e xoguetes, con produtos que teen ata o 80% de desconto. Neste primeiro día de funcionamento xa foi moi visitado. El Corte Inglés segue a manter o seu centro tradicional no barrio de Catro Camiños e o de oportunidades de Altamira.

Noticias web

11/06/2021