CRTVG

Buscar

'El Correo Gallego' distingue os galegos do ano

Publicado o 10/10/2019 21:42

O Palacio de Congresos de Santiago acolle neste momento a trixésima gala de entrega dos Premios Galegos do ano do xornal El Correo Gallego.

Os presidentes da Xunta e do Parlamento de Galicia participan no acto canda autoridades de todos os eidos. O xornal compostelán distingue, entre outros, a Brilat, o grupo de música tradicional Xacarandaina, o actor Luís Zahera ou a empresa Extrugasa.

Ao inicio do acto, o director do xornal reivindicou a necesidade da prensa tradicional na actualidade e asegurou que El Correo Gallego xa superou o que chama "turbulencias" e que prepara a implantación dun novo sistema de edición dixital e en papel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019