CRTVG

Buscar

'El buen patrón' é a película seleccionada para representar a España nos Óscars

Publicado o 05/10/2021 22:32
'El buen patrón' é a película seleccionada para representar a España nos Óscars

El buen patrón, de Fernando León de Aranoa, foi a película elixida para representar a España na 94 edición dos Óscars na categoría de mellor película internacional.

Despois de que en 2003 fora finalista o filme Os luns ao sol, é a segunda vez que o director madrileño compite nos premios de Hollywood. Protagonizada por Javier Bardem no papel do dono dunha empresa familiar, a película conta cun extenso elenco, no que está o galego Celso Bugallo. 

 

Noticias web

05/10/2021