CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'El Autor', co galego Javier Gutiérrez, abre a carteleira do ZigZag

Publicado o 17/11/2017 17:15

Chega á carteleira o último filme de Juan Pinzás, o director vigués estrea el vientre de Europa. Xunto a el atopades a última de Naomi Kawase, o premio á mellor película no último Festival de Sitges ou o filme que xunta a Batman, Wonderwoman ou Flash. Pero comezamos repasando os filmes que entran con El autor, de Manuel Martín Cuenca, e os comentarios do seu protagonista, Javier Gutiérrez.

'El vientre de Europa'
O vigués Juan Pinzás deambula entre Madrid e Berlín para filosofar sobre o devir de Europa e o seu propio cinema. Do particular, da nai, ao xeral, o vello continente.

'Hacia la luz'
Naomi Kawase afronta con este filme a relación entre a imaxe e a vista. E faino con dúas personaxes, unha guionista de filmes para invidentes e un fotógrafo que está a perder a vista. A delicadeza visual da directora xaponesa no seu punto máximo.

'Jupiter's moon', Kornél Mundruczó
Entre un historia de refuxiados e unha de ciencia ficción. O director húngaro que sorprendera con White Dog dálle o protagonismo neste filme a un sirio interceptado a tiros pola policía

'La liga de la justicia', Zack Snyder
Xuntar a Batman, Flash e Wonder Woman nun só filme vén sendo o novo chanzo da Warner para enfrontarse aos malvados do momento. A maquinaria dos superheroes a fume de carozo.

'La isla de los monstruos'
Lucas viaxa a unha illa na busca das súas raigames e atopa unha sorpresa. Pódese converter nun monstro. Animación mexicana chea de seres estranos.

'El autor', Manuel Martín Cuenca
Javier Gutiérrez quere ser escritor. A súa inspiración pasa pola realidade que el mesmo vive e artella como lle convén. Martin Cuenca conforma unha sátira sobre a creación con puntos de cinema social e thriller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

17/11/2017