CRTVG

Buscar

Efectivos da Brilat, de patrulla polas cidades

Publicado o 24/03/2020 13:55

As estacións, aeroportos ou hospitais son algunhas das áreas con presenza de patrullas militares da Brilat este martes. O despregamento en Santiago é duns trinta efectivos, outros tantos en Lugo e oito en Padrón. Vixían estruturas críticas, zonas con movemento de xente e controlan a presenza de persoas na rúa. Porque non todo o mundo cumpren coa norma.

O capitán Villareal, integrante da Brigada Galicia VII: "Hai xente que, lamentablemente, non cumpre co que está ordenado; sae á rúa e... ben, temos casos menores, pero hainos. Tomamos os datos do persoal que incumpre as normas e só facemos diálogo para concienciar e que a xente cumpra o imposto. Cada día unha unidade distinta da Brilat temos asignadas unhas cidades. Cada día encárgase unha unidade distinta".

Outra parte de efectivos da Brilat de Pontevedra despregados no dispositivo pola pandemia do COVID-19 desenvolve traballos de desinfección. Segundo o capitán Villareal: "Temos outra unidade na brigada que é especialista en ENBQ, encargada da desinfección de instalacións e xa efectuaron algunha onte nalgunha instalación crítica. Son eles os encargados de efectuar esas desinfeccións".

Estas patrullas militares móvense por distintas partes da cidade a pé e en vehículos e tamén forman patrullas fixas nos puntos críticos. Comparte tarefas conxuntas con membros da Policía Nacional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020