CRTVG

Buscar

EEUU suspende o traslado de afgáns

Publicado o 10/09/2021 22:53
EEUU suspende o traslado de afgáns

Jen Psaki

O Goberno dos EEUU interrompe temporalmente os voos que trasladan a afgáns tras confirmarse catro casos de xarampón entre os cidadáns do país asiático. O Voceiro da Casa Branca, Jen Psaki explicou que a decisión tomouse como medida de precaución e recomendada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades. Os afgáns afectados foron postos en corentena e os demáis terán a obriga de se vacinar para entrar nos EEUU. A decisión afecta ao progreso do operativo de evacuación de afgáns posto en marcha por Washington antes de que as súas tropas abandonaran o país o 30 de agosto. Ata o momento máis de 55 mil afgáns foron evacuados a Catar, país que serve de paso antes de continuar viaxe aos EEUU.