A Campaña de educación viaria céntrase na seguridade nas zonas escolares
Publicado o 10/05/2019 13:19
Co cinto ben posto evítanse moitas mortes e diso se trata nesta xornada de educación viaria que se realiza no colexio A Florida de Sanxenxo, un concello de referencia en España canto a boas prácticas
Baixo o título A educación viaria é cousa de todos, a campaña deste ano céntrase na seguridade nas zonas escolares onde se ven moitos comportamentos inadecuados por parte dos adultos.
Desde os de 3 anos aos de 12, todos os nenos do cole van pasando polos talleres preparados pola Policía Local, os bombeiros ou os servizos de urxencia.