CRTVG

Buscar

Educación crea un protocolo para detectar a dislexia

Publicado o 29/01/2020 15:28

Facilitar a detección temperá da dislexia e propiciar a intervención educativa axeitada a cada alumno afectado que permita unha mellora nos resultados académicos e unha mellor integración na aula. Este é o obxectivo do protocolo presentado hoxe pola Consellería de Educación e elaborado en colaboración coa Asociación Galega de Dislexia.

"En definitiva, o alumnado con dificultades de aprendizaxe ten que percibir, que se comprende a súa realidade e non só que se comprende senón que vai ter axuda que é fundamental para sentirse comprendido, para sentirse tranquilo e seguro, e tamén que se lle vai esixir o rendemento acorde ao seu potencial", asegurou Carmen Pomar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020