CRTVG

Buscar

Educación abre o prazo de propostas para os graos universitarios abertos, unha opción para reducir as taxas de abandono

Publicado o 19/11/2019 15:47

Ábrese o prazo para que as tres universidades galegas presenten, ata o 31 de xaneiro, as súas propostas de graos abertos. Implantaranse o vindeiro curso a través dun programa piloto no que os alumnos non terán que elixir unha carreira específica durante o primeiro ano e medio, ata que teñan clara a súa vocación.  Carmen Pomar. conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional: "Cursar como mínimo tres titulacións, mesturar materias de tres titulacións, non hai un máximo establecido, hai un mínimo. Van facelo durante tres semestres e, despois de cursar esas materias, poderán escoller desas titulacións nas que estiveron inmersos cal é a que mellor se adapta aos seus intereses".

O obxectivo é incrementar a flexibilidade nos estudos e reducir as taxas de abandono ou cambios de titulación que se dan nos primeiros anos da vida universitaria.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019