CRTVG

Buscar

Educación a distancia mentres non hai clase

Publicado o 13/03/2020 14:48

Para moitos profesores xa é habitual usar Internet como ferramenta educativa. Pero a partir do luns as circunstancias obrigan.

As aulas virtuais e o programa abalarMóbil manterán conectados os profesores, os alumnos e os pais mentres non hai clase. Colgaranse materiais para facer na casa, pero non serán avaliables.

Os que si terán que avanzar en contidos curriculares son os alumnos de 2º de Bacharelato.

É cedo para saber se o coronavirus vai afectar as datas das probas da ABAU. Mentres, toca asumir o reto de que a educación non pare, aínda que sexa desde a casa.




 

Noticias web

13/03/2020