CRTVG

Buscar

Eduardo, médico, superou a covid e advirte: "Creo que o tomamos a cachondeo"

Publicado o 26/07/2021 15:38

Eduardo leva 35 anos traballando como médico de urxencias en Valdeorras. En marzo do ano pasado a Covid apartouno da primeira liña. Tardou case un ano en recuperarse das secuelas físicas e psicolóxicas da enfermidade.

Agora, xunto aos seus compañeiros, vive con impotencia o incremento descontrolado de casos. Atribúe o incremento de casos, que en Valdeorras chegou a cifras nunca antes rexistradas en pandemia, ao relaxamento das medidas.

Noticias web

26/07/2021