CRTVG

Buscar

A Revista

Eduardo Hermida, artista e autor da recuperación do barrio de Canido coas famosas meninas

Publicado o 27/09/2017 12:48

Hai xa case dez anos que o artista ferrolán Eduardo Hermida, acompañado da súa filla pequena, enlucía as fachadas da súa casa familar no barrio de Canido coas primeiras meninas. Era unha maneira de traer algo de alegría e de arte ás rúas dunha das zonas máis deprimidas da cidade. E creou lexión! Hoxe, despois de oito anos e camiño da novena edición das 'Meninas de Canido', as obras superan as trescentas e a cousa non fai máis que medrar.

Está hoxe aquí con nós.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

27/09/2017