CRTVG

Buscar

Eduardo Coudet: "Denis está traballando ben, buscamos competencia interna pola semana. Con el melloramos a circulación do balón"

Publicado o 28/09/2021 13:23

O arxentino Eduardo 'Chacho' Coudet, adestrador do Celta, considerou xusta a vitoria ante o Granada, cun gol de Denis Suárez no desconto, porque entende que o seu equipo foi "o único que buscou os tres puntos". "Máis aló de porque necesitabamos gañar na casa, é unha vitoria importante porque o tentamos ata o final, dominamos e mesmo despois de fallar o penalti seguimos insistindo. Lanzámonos, descoidamos nosa defensa, e eles tiveron esa dobre situación que saca Matías", comentou o preparador celeste.

Coudet asume que o seu equipo necesitará abrir "máis rápido" os partidos que xogue en Balaidos porque en caso contrario os rivais seguiranse "metendo moi atrás e iso dificúltanos nosa xogo".

Tamén destacou o xogo de Denis Suárez: "Denis está traballando ben, buscamos competencia interna pola semana. Con Denis melloramos a circulación do balón".

 

 

Noticias web

28/09/2021