Eduardo Coudet, antes do Athletic-Celta: "Ten que darnos igual o campo e o rival"
Abofé que a Coudet non lle asusta mollarse. Unha mensaxe de consumo externo e outra de cariz interno para ir marcando o seu ideario. Cara a fóra, un compromiso ineludíbel co modelo de xogo.
Eduardo Coudet, adestrador do Celta: "Ten que darnos igual o campo e o rival".
O Athletic pon hoxe a proba ese compromiso en San Mamés e aí chega o segundo aviso do técnico arxentino. Coudet non casa con ninguén.
Eduardo Coudet, adestrador do Celta: "Non hai un once, non teño once inicial".
Así, e cos marcos ben á vista, as dúbidas céntranse na capacidade física do equipo. Ensinaron melloría en Sevilla e certificaron un chimpo cara adiante contra o Granada. Insiste Coudet na prioridade de seguir cargando sobre un traballo que deixa en evidencia agora a planificación anterior con Óscar García.
Eduardo Coudet, adestrador do Celta: "Seguir coas cargas físicas, pero sen pasarse".
Puntuar hoxe en Bilbao permitiría aos celestes saír dos postos máis comprometidos e menos feiticeiros da clasificación.