CRTVG

Buscar

Eduard Campabadal renova o seu compromiso co Lugo

Publicado o 04/07/2021 17:28
Eduard Campabadal renova o seu compromiso co Lugo

O lateral dereito Eduard Campabadal (28 anos) seguirá unha temporada máis no Club Deportivo Lugo logo de anunciar o conxunto lucense a renovación do seu contrato. 

Campabadal chegou en 2017 procedente do Mallorca e converteuse nun dos xogadores máis regulares destas últimas temporadas. O ano pasado xogou 38 partidos, 36 deles como titular e mesmo chegou a levar a braceira de capitán demostrando a importancia que ten dentro do equipo.