Edu Expósito: "Os vindeiros partidos servirán para saber de que somos capaces"
Tras a importante vitoria sobre o Albacete, o Deportivo intenta gañar enteiros lonxe de Riazor. A primeira saída é a Xixón, onde os de Natxo González buscan un bo resultado que afaste definitivamente a mala serie das últimas semanas.
Sporting, Granada e Málaga. As tres vindeiras saídas poñerán a proba ao Deportivo e poden determinar parte das súas opcións de ascenso. Edu Expósito: "Partidos bonitos contra rivais directos que están aí arriba. Imos demostrar de que somos capaces"
A convincente vitoria sobre o Albacete da azos aos brancoazuis. O éxito do novo sistema con extremos dalles unha nova ferramentas para competir. Edu Expósito: "Para que os equipos non nos collan sempre coas mesmas cousas, que teñan dúbidas porque en cada partido podemos xogar de xeito diferente"
Amáis da tormenta, a mala nova do día, a cargo de Saúl, que se retirou do adestramento con problemas musculares. Da súa evolución dependerá se pode viaxar a Asturias.