CRTVG

Buscar

Edu Expósito: "Non necesitamos que nos favorezan, pero que non nos prexudiquen"

Publicado o 09/11/2018 09:59

E queixas de Edu Expósito sobre os diferentes criterios que adopta o Comité de Competición nas sancións. O deportivista reflexionaba polos castigos aos xogadores do Málaga tras o que fixeron en Pamplona. 

Os criterios dos comités sancionadores disgustan no Deportivo. Fálase de distintas varas de medir tras ver cómo o Málaga saldaba dúas expulsións cun so partido de sanción. 

Edu Expósito: "É moi inxusto. Nós non podemos facer nada. Non necesitamos que nos favorezan, pero polo menos que non nos prexudiquen"

A outra nova do día en Abegondo foi a chamada de Carlos Fernández á selección sub-21.

Carlos Fernández:"O comezo de temporada do equipo foi bo e por iso o individuo, neste caso eu, sae beneficiado".

Lamenta o sevillano, porén, que non pare a competición en Segunda nas semanas de seleccións. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2018