CRTVG

Buscar

Edificios de Massachusetts, afectados por explosións de gas ás que seguiron incendios

Publicado o 14/09/2018 08:38

No estado de Massachusetts, máis de vinte edificios están afectados por unha serie de explosións de gas ás que seguiron incendios. Hai varias persoas feridas.

As autoridades confirmaron que as explosións desencadearon polo menos 23 incendios e explosións en distintas direccións no estado de Massachusetts. Os sinistros atribúense a posibles problemas no sistema de subministración do gas natural. A policía pediulles aos usuarios que abandonen as vivendas se sospeitan que pode haber fugas e que avisen os servizos de urxencias.

Polo de agora hai 23 inmobles afectados e varias persoas feridas, aínda que non hai cifras oficiais sobre vítimas. Os incendios empezaron ás cinco da tarde, hora local, ás once da noite na hora de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018