CRTVG

Buscar

Edar-Bens vai investigar as posibilidades do hidróxeno verde

Publicado o 22/03/2021 16:31

A Unidade Mixta de Gas Renovable, en que colaboran Naturgy, EnergyLab e a empresa depuradora de augas da Coruña, pon en marcha un proxecto para investigar as posibilidades do hidróxeno verde.

Trátase dunha iniciativa na vangarda da descarbonización da economía que pretende obter hidróxeno a partir do excedente de enerxías renovables.

Ademais, Edar-Bens anunciou que está a tramitar os permisos para inxectar biometano, co que xa funcionan doce autobuses urbanos, na rede de gas natural co obxectivo de que o usen outras empresas.

Noticias web

22/03/2021