CRTVG

Buscar

O Ecuador di que piratearon un correo e unha web municipal tras as ameazas de Anonymous

Publicado o 14/04/2019 20:57

Tras a retirada de asilo e a detención do fundador de WikiLeaks, Julian Assange, a titular de Interior deoEcuador asegurou a través de Twitter que foron pirateados un correo institucional e a páxina web dun municipio do país.

María Paula Romo non deu detalles de quen podería estar detrás dos ataques cibernéticos e asegurou que ningunha páxina do Goberno central nin de sectores claves do mundo privado están intervidos.

As súas afirmacións prodúcense despois de que nas redes sociais circulara un vídeo atribuído a Anonymous en que se fai unha serie de advertencias contra os sistemas do Goberno de Lenín Moreno. Tamén se detalla o número dunha suposta conta bancaria pertencente ao presidente ecuatoriano, que sitúa en Suíza, e indica que nela ten máis de 14 millóns de dólares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019