Ecoturismo pola ría de Betanzos no primeiro catamarán eléctrico e accesible
Pois xa comezou a navegar por esta ría de Betanzos este primeiro catamarán eléctrico e accesible. É un xeito de facer ecoturismo pola ría de Betanzos, as Terras do Mandeo e as Mariñas coruñesas, reserva da biosfera
Comezamos a ruta en Betanzos, navegando unhas cinco millas ata Mariñán, tan só unha pequena parte da travesía que este catamarán realiza habitualmente. En palabras do patrón do barco, o máis especial deste proxecto é que ninguén quede en terra sen desfrutar da ría, neste catamarán que navega en silencio
"Pois aquí neste barco non hai ruído, o único que podemos oír neste momento é o da auga. O motor non se oe, non cheira, é a gran diferenza cos motores convencionais", afirma o patrón do catamarán.
Con esta iniciativa innovadora, operada pola asociación A-2Velas, trátese de coñecer desde a auga a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas Terras do Mandeo, facendo distintas escalas
"E todo isto vai permitir maridar con produtos locais certificados na marca, a observación de aves na ría, nos nosos ríos é dicir que pode combinarse con multiples actividades tamén en terra", di Diego López Pedreira
A característica principal deste catamarán é que é totalmente eléctrico, utiliza enerxías renovables e está cen por cento feito en Galicia.
"A característica principal é que é cen por cento eléctrico, móvese cun motor electrico alimentado por baterías. Tamén hai unha opción de instalar placas solares para aumentar a autonomía da embarcación e outra característica fundamental é que é accesible para cadeiras de rodas, afirma o enxeñeiro do barco".
Este catamarán ten cabida para sete persoas, pero xa se está desenvolvendo outro proxecto dunha embarcación similar que admita ata doce pasaxeiros, máis a tripulación.