CRTVG

Buscar

Ecoloxistas en Acción promove a recuperación da lagoa de Antela

Publicado o 30/06/2021 15:06

Ecoloxistas en Acción puxo en marcha unha campaña audiovisual para recuperar a lagoa de Antela. Este humidal chegou a ter máis de corenta quilómetros de perímetro e ocupaba unhas catro mil hectáreas na Limia. Agora está recuperando a biodiversidade que tivo antes de ser desecada e convertida en terras de cultivo.

As aves son o principal exemplo da biodiversidade da lagoa de Antela. Especies como a cegoña branca, a conícora europea, o mergullón cristado, a garza da noite, o peto real, a rula ou a escribenta das canaveiras, están de novo a asentar nesta lagoa de Antela que pode converterse na zona húmida máis salientable de Galicia.

Noticias web

30/06/2021