CRTVG

Buscar

Echenique mófase de Sánchez cunha parodia sobre a investidura

Publicado o 07/08/2019 21:00

Unidas Podemos pídelle ao líder socialista que deixe de poñer escusas e que traballe na busca de apoios para a investidura.

Pablo Echenique preguntouse en Twitter como pode falar Sánchez de desconfianza cara a un partido que o fixo presidente e que asinou cos socialistas un pacto de presupostos. O número 3 de Podemos sospeita que Sánchez busca un acordo con Ciudadanos ou ben a repetición das eleccións.

Desde o Partido Popular, o seu secretario xeral, Teodoro García Egea, asegurou que Sánchez é un perigo para a estabilidade e que España non merece un goberno socialista.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019