CRTVG

Buscar

'Echando Raíces', formada por descendentes de galegos, reparte alimentos aos máis desfavorecidos na Arxentina

Publicado o 01/05/2020 16:52

Repartir alimentos cada dúas semanas para mitigar a fame durante a corentena. Isto é o que fai Echando Raíces, unha entidade galega que axuda estes días os sectores máis vulnerables. 

Nun país onde millóns de persoas pasan fame, a solidariedade é esencial.

Así pensan os membros de Echando Raíces, unha asociación de descendentes de galegos na Arxentina que leva semanas entregando bolsas de alimentos aos máis desfavorecidos.

Verónica Torres Bugallo, presidenta da asociación Echando Raíces: "Hoxe estivemos entregando as bolsas para 25 familias, obviamente segue a demanda e estamos traballando niso".

As bolsas conteñen todo tipo de comida, especialmente leite, pero tamén froita, pasta, aceite ou lentellas.

Verónica Torres Bugallo, presidenta da asociación Echando Raíces: "Estamos tratando de xerar máis cadeas de solidariedade e máis cadeas, para poder tamén na próxima poder chegar a máis familias".

 

Unha solidariedade que seguirá existindo cando termine a corentena.

Noticias web

01/05/2020