CRTVG

Buscar

Earl Calloway, experiencia para a dirección de xogo do Obradoiro

Publicado o 20/08/2019 16:31

O Obradoiro presentou este mediodía o base Earl Calloway. O estadounidense, de 35 anos, achegará experiencia e capacidade de anotación. Calloway acumula máis dunha década de experiencia no baloncesto europeo. Na liga ACB, xogou en Cajasol e no Unicaja Málaga. As últimas cinco temporadas xogou en Turquía. Agora chega ao Obradoiro para coller os mandos do equipo. "Os meus compañeiros, o meu adestrador son moi bos e simpáticos. Estou feliz, e con moito tempo para adaptarme a Santiago, ao sistema do equipo, a todo", dixo o xogador na súa presentación.

"Á hora de realizar a fichaxe, valoramos moito a súa experiencia, e a capacidade de dirección e de anotación. Estamos moi contentos de que decidira volver á Liga no Obradoiro, e debe achegar xerarquía ao equipo", explicou José Luis Mateo, director xeral do equipo.

 

Noticias web

20/08/2019