CRTVG

Buscar

Zigzag diario

'E haberá tirón de orellas?': María Victoria Moreno nos seus libros

Publicado o 09/05/2018 17:12

María Victoria Moreno tiña un grande amor polos animais. O libro '¿E haberá tirón de orellas?' e outra mostra del.

Gatos, ratos, ovellas e paxaros pasean por este conto onde a protagonista é a cadela Alma, "bonita e pequena", que marcha na procura dun pardal ata perderse.

A escritora publicou este libro en 1997, o ano en que lle foi diagnosticado o cancro de mama.

Galaxia saca á luz agora unha segunda edición. As ilustracións son de Carme Peris.

É un canto á liberdade, á aventura, á natureza pero tamén á lealdade. A cadela Alma volve á casa, aínda que sabe que haberá tirón de orellas.

Zigzag diario

09/05/2018