CRTVG

Buscar

Avanza a construción da estación intermodal de Vigo

Publicado o 29/05/2020 17:12

E en Vigo, avanza a construción da estación intermodal. Xa está colocada a estructura que fará unha onda na parte superior do edificio. Vai tomando forma así o deseño de Tom Mayne. O arquitecto proxectou unha terraza superior, que será na realidade unha gran praza de máis de 20.000 metros cadrados con espectaculares vistas á ría de Vigo.

Ademais das estacións de tren e autobuses, albergará tendas e cafeterías.


 

Noticias web

29/05/2020