CRTVG

Buscar

E-Cross, o primeiro buggy eléctrico made in Galicia

Publicado o 17/09/2016 13:35

O vehículo, deseñado por unha empresa de Mos, non contamina nin fai ruído e está pensado para moverse polo monte cunha autonomía de 100 quilómetros

Unha empresa de Mos saca ao mercado o primeiro "buggy" eléctrico feito en Galicia. O vehículo, que non contamina nin fai ruído, está pensado para moverse polo monte e ten unha autonomía de máis de cen quilómetros.

Este é o E-Cross. É o último vehículo 4x4 ideado por Little Cars. A empresa radicada en Mos e xa ten no mercado outros tres modelos de coches especiais, de pequeno formato, cen por cento eléctricos, sen fumes nin ruídos. A batería é de litio e podemos cargala na casa.


Estes emprendedores traballan sobre pedido. Poden homologar o vehículo para circular por estrada ou tamén para condutores sen carné. Téñenlle limitada a velocidade a 60 quilómetros por hora por cuestións de seguridade. Entre os seus clientes, cazadores, empresas de turismo activo e outros profesionais.

Agora é un prototipo, pero agardan empezar a comercializalo a comezos do ano que vén cun prezo de partida de 15.000 euros

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2016