Dzanan Musa está chamado a liderar o Breogán na ACB
Publicado o 25/08/2021 14:29
O Leite Río Breogán presentou hoxe de xeito oficial a Dzanan Musa, aleiro bosnio de 2,06 e 22 anos que conta con experiencia en NBA e Euroliga.
Destacou no primeiro amigable do Breo ante o Bilbao Basket, onde anotou 19 puntos, polo que está chamado a ser unha das grandes figuras do conxunto lugués esta temporada.
"Penso que podemos ser un grupo estelar, o máis importante é antepoñer o equipo antes ca ninguén", destacou Dzanan Musa na presentación.