CRTVG

Buscar

A Revista

Dylan Reales, nova promesa do golf arxentino con só 12 anos

Publicado o 22/02/2016 12:45

E atentos á que é a nova promesa do golf arxentino con tan só 12 anos. Chámase Dylan Reales e é neto de galegos. Un exemplo para moitos dos seus veciños por conseguir, a través do deporte, loitar por ter unha vida mellor nun dos barrios máis perigosos de Bos Aires e axudar outros cativos a fuxir da droga e da actividade delituosa.

É descendente de vigueses e hai tres anos descubriu que o seu ía ser o golf.
Veciño da Villa 31, unha das zonas máis humildes do centro de Bos Aires, Dylan Reales comezou a xogar ó golf co pau roto dunha basoira.

"Non ten nada que ver que sexa da Villa, o único que hai que facer é estudar e poñerlle forza".

Uns principios que lle inculcou seu avó, o seu referente e por quen agarda viaxar pronto a Galicia para coñecer, di, a verdadeira familia Reales.

A solidariedade de diversas institucións e marcas permítelle ter todo o preciso para seguir adestrándose e poder chegar a cumprir o seu soño: ser o próximo número 1 do mundo do golf co seu propio estilo.


"A verdade, non me gustaría ser coma ninguén porque de grande a min gustaríame que dixesen: así fixo Dylan Reales".

Cun swing envexable e tras gañar diversos campionatos infantís, Dylan xa se prepara para competir en torneos internacionais e asistir como convidado aos Xogos Olímpicos de Río.

Dylan xa é todo un exemplo para os seus veciños, que o ven como unha mostra de que é posible evitar o camiño da delincuencia e das drogas nun barrio onde a seguridade é practicamente inexistente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

22/02/2016