Dúas persoas falecen este domingo no incendio dun edificio en Barcelona
Publicado o 03/03/2019 13:32
Dúas persoas de 65 e 74 anos faleceron este domingo nun incendio dun edificio no barrio de Les Corts en Barcelona.
Unha parte dos veciños, que viven neste inmoble de 11 plantas e 44 pisos, foron confinados nas súas vivendas e outros desaloxados.
As lapas quedaron extinguidas en media hora. Varios veciños aseguran que escoitaron unha explosión e alertaron os bombeiros. Polo momento, descoñécense as causas do incendio. A estrutura do edificio non sufriu danos e os veciños evacuados poderán volver paulatinamente ás súas vivendas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
14/12/2019 15:01