Duro revés para Macron na segunda volta das eleccións municipais en Francia
Publicado o 29/06/2020 08:46
Duro revés para o presidente Emmanuel Macron na segunda volta das eleccións municipais en Francia.
Os resultados dos comicios confirman o ascenso dos ecoloxistas, que poderían conseguir algunhas das cidades máis importantes do país, como Lión, Toulouse ou Bordeos. A extrema dereita logrará a alcaldía de Perpiñán, algo que Marine Le Pen considerou como unha gran vitoria.
A abstención podería ser tamén histórica e superar o 60 % nesta segunda volta.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52