CRTVG

Buscar

Duro regreso á competición do Cangas diante do Huesca (22-33)

Publicado o 14/11/2020 20:46

Clara derrota do Frigoríficos do Morrazo no seu regreso á competición. O Bada Huesca demostrou estar moito máis rodado e impúxose con claridade (22-33) nun partido no que sempre estivo por diante. No primeiro tempo xa chegou a manexar vantaxes de ata dez goles (10-17 no descanso).

A segunda parte foi un querer e non poder recortar diferenzas dun Cangas que terá que volver poñerse en forma logo do confinamento. 

Noticias web

14/11/2020