CRTVG

Buscar

Durante toda a semana prohíbese entrar nos concellos da costa lucense ou saír deles

Publicado o 05/07/2020 21:47

Estamos moi pendentes dese rebrote de coronavirus na Mariña que obriga á Consellería de Sanidade a confinar toda esta área sanitaria.

O DOG acaba de publicar as medidas restritivas para os 14 concellos que compoñen o distrito sanitario da Mariña. Prohíbese dende esta medianoite entrar nesta área sanitaria ou saír dela. Non obstante, a mobilidade dentro dos 14 concellos está permitida, aínda que se lle recomenda á poboación facer unicamente aqueles desprazamentos imprescindibles.

Outra das medidas que entra en vigor esta medianoite para dar controlado o rebrote da Mariña é a limitación ao 50 % da capacidade dos locais, tamén dos bares e restaurantes, comercios, bibliotecas e museos.

E, moi importante: o uso da máscara; será obrigatoria nada máis saír da casa. Tamén en praias e piscinas, onde soamente poderemos quitala no momento do baño. Son medidas para evitar que ese cento de casos activos nestes momentos vaia a máis.

Noticias web

05/07/2020